Día Internacional da Lingua Materna


21 feb 2008


Feb21
Hoxe, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna


O 21 de febreiro de cada ano celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das minorías.