Concurso de Traslados- Altas de usuarios no novo destino


11 nov 2016









Hoxe publicouse na intranet de xustiza a seguinte nota informativa da DXX :

"Lémbrase que para que o persoal  funcionario que se incorpora  a un novo destino por causa do concurso de traslados poida ser dado de alta nas distintas aplicacións  é necesario que o/a responsable funcional do órgano (letrado/a da Administración de xustiza, fiscal xefe ou coordinador/a da oficina fiscal e subdirector/a do Imelga)  tramite a conseguinte autorización ante o CAU. Para isto deberá utilizarse o formulario que se atopa na intranet: Espazo TIC /Xestión da conta do usuario (http://intranet.xustiza.gal/documents/368917/df80af8c-95be-4bc1-8d26-fbc6e30d65be).
Tanto os usuarios que se incorporan procedentes doutros destinos coma os que se trasladan dentro da propia Comunidade Autónoma de Galicia terán acceso dende o primeiro momento ao seu PC e á intranet. En todos os casos, o/a responsable funcional deberá tramitar o formulario antes mencionado para autorizar o acceso ás distintas aplicacións que considere oportuno".