Hoxe publicouse na intranet xudicial a seguinte nota informativa da DXX :
"Como consecuencia da resolución do concurso de traslados de 2016 do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, producirase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en Galicia, non só de persoas procedentes doutras comunidades autónomas, senón tamén cambios de destino dentro da Administración de xustiza de Galicia.
Co fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista unha formación diferenciada segundo:
1. O destino obtido no concurso de traslados: cada persoa recibirá, como mínimo, a formación nos aspectos específicos asociados ao seu novo posto de traballo.
2. A orixe dos funcionarios que se trasladan: a formación que se dispense ás persoas procedentes doutras comunidades autónomas conterá, ademais dos aspectos específicos do seu posto, os organizativos e relativos ás aplicacións de apoio existentes na Administración de xustiza en Galicia.
A todos os funcionarios que se trasladen, segundo se incorporen aos seus postos, se lles asignará un titor que os asesorará e guiará na consulta dos materiais formativos dispoñibles na intranet de Xustiza e, ademais, resolverá as súas dúbidas nas sesións de titorías que se levarán a cabo semanalmente.
Programaranse sesións formativas a través de videoconferencia para os usuarios con maiores necesidades formativas para o desempeño do novo posto. O calendario destas actividades e os aspectos relacionados coa inscrición das mesmas serán comunicados previamente a través da intranet de Xustiza."