Cadro de persoal do Rexistro de Vigo. Alegacións


18 feb 2008


Feb18
CCOO de Xustiza considera insuficiente o cadro de persoal proposto pola Consellería para o Rexistro Civil de Vigo


En relación coa proposta de modificación do cadro de persoal do xulgado de primeira instancia número 4 de Vigo con motivo da súa transformación en Rexistro Civil exclusivo, por Real Decreto 27/2008, de 11 de xaneiro, CCOO considera que resulta insuficiente para garantir unha axeitada prestación dun servizo tan importante para os cidadáns como é o do Rexistro Civil, polo que propón que o cadro de persoal do dito servizo estea integrado por 5 xestores procesuais, 11 auxiliares de tramitación e 2 funcionarios de auxilio xudicial.