Mostrando entradas con la etiqueta comité saúde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comité saúde. Mostrar todas las entradas

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde laboral (16-07-2021)


19 jul 2021


 


Nesta nova videoconferencia presidida polo Director Xeral, e coa asistencia dos delegados e delegadas de prevención dos diferentes sindicatos, comentáronse diversos temas de interese, centrados maiormente na afectación que a pandemia ten na nosa administración.


            Protección Covid.- A Administración informa  que se segue a enviar aos órganos xudiciais: máscaras, xeles, luvas, mámparas… e prorrógase ata outubro o contrato especial de limpeza, que terá a sua continuidade ata o verán do ano que ven, por case tres millóns de euros.

     Houbo un pequeno repunte de contaxios, 6 positivos actualmente de persoal funcionario dos corpos xerais e outros 3 doutros colectivos xudiciais, polo que se fai un chamamento a seguir adoitando medidas de protección.

            Cidade Xustiza Vigo.- A Administración informa de que dita “cidade” consta dun edificio central de 19 prantas e dun edificio anexo de 4 prantas, cunha praza no medio dos dous. Tería unha escola infantil, para 45 nenos e nenas, e uns aparcamentos soterráns con 306 prazas para vehículos e 90 para motos. A previsión é que se remate este ano, e que antes de que remate o 2022 estén ocupadas totalmente estas novas dependencias, con novo mobiliario, na meirante parte das oficinas xudiciais.

     A parte sindical reclamámoslle a Dirección Xeral que se concerte unha visita as instalacións, que xa está comprometida ainda que sen data.

     En principio a distribución prevista sería no edificio central, pranta baixa, Imelga, e da 1ª a 4ª Instrucción, na 5ª Fiscalía, na 6ª Audiencia Provincial, na 7ª Penal, da 8ª a 13ª Primeira Instancia, da 14ª a 16ª Social, 17ª Contencioso e 18ª Mercantil. No edificio anexo irían servizos comúns, na baixa Xulgado de Garda, e nas outras Atención a Vítima, Violencia, Decanato e Scace. No edificio antiguo, no casco vello, voltaría o Rexistro Civil, ainda que sobre esto houbo peticións de varios sindicatos para que o Rexistro Civil, tamen se ubique nestas novas dependencias. A Administración mantívose na sua postura de que esté no casco vello.

Teletraballo.- Non hai ninguna novidade, excepto que os portátiles que facilitaría a Administración serían pagados cos fondos europeos para a pandemia.

Mobiliario.- A Administración anunciou que xa está convocado un concurso para a compra de novo material, que chegará ós orgaos xudiciais despois do verán. Haberá unha renovación das estanterías abertas, que serán cambiados por armarios con portas corredeiras. Ademais tamen renovaranse mesas, cadeiras, persianas….


Xuntanza do Comité de seguridade e saúde laboral da Administración de xustiza de Galicia (09/11/2020)


10 nov 2020





Onte , 9 de novembro, tivo lugar mediante videoconferncia unha nova xuntanza do comité de seguridade e saúde laboral coa asistencia do Diretor Xeral de Xustiza e os delegad@s de prevención de todas as OOSS.

 

O Diretor Xeral de xustiza informou dos seguintes temas:

 

. Datos númericos e información da incidencia do Covid -19 na Administración de xustiza de Galicia

    

 Houbo 42 casos positivos (26 corresponden a contaxios de funcionarios dos corpos xerais e 16 a xuízes/fiscais e letrados) e 71 casos de illamento por contacto con positivos.


    -Publícarase na intranet xudicial un protocolo de actuación nos casos de contaxio por covid, similar ao publicado xa polo Ministerio.

    -Vanse poñer alfombrillas desinfectantes en todos os edificios xudicias

    -Manteranse os contratos de limpeza.

Desde CCOO insistimos na importancia de instalar medidores de temperatura na entrada dos edificios xudiciais .


. Teletraballo

   

 Nestes momentos hai un número de 508 funcionarios teletraballando, dous cales un número de 433 pertencen a órganos xudiciais e 75 á fiscalías.

    A nova regulación do artigo 47 Bis do EBEP recolle as bases para o desenvolvemento do teletraballo. Mentras non haxa unha regulación específica para a Administración de xustiza ( nestes momentos estanse a facer alegacións ó documento que foi presentado polo Ministerio) , o teletraballo segue a estar regulado pola orde da fase III de desescalada que seguirá en vigor ata tres meses despois de que entre en vigor a nova regulación do teletraballo.

    A porcentaxe máxima para poder teletraballar será dun 30% da plantilla nos órganos xudiciais e do 40% no Imelga. Se nun órgano xudical se presentasen máis solicitudes fariase unha quenda rotatoria , dando preferencia ao persoal vulnerable , persoas con fillos menores ao seu cargo,....

 

. Vacacións e días de asuntos particulares:


 Manteñen o seu disfute ata o 31 de xaneiro de 2021 e non van a facer cambio algún, salvo que a dita ampliación se acorde tamén na Función Pública ou polo Ministerio de Xustiza.

 

. Órganos de nova creación

  

  A previsión  da súa posta en funcionamento para o  primeiro trimestre de 2021.

 

. Plans de reforzo

   

 Os plans de reforzo ampliánse tres meses desde xaneiro nos xulgados do social e mercantís e extenderanse despois aos xulgados de 1ª Instancia.

 

. Interinos

   

 Nesta semana convocárase mesa de interinos xa que as listas actuais están esgotadas en varias provincias e nestes momentos as delegacións territoriais teñen que recorrer ao SPEG para realizar os nomeamentos de interinos.

 


Xuntanza do Comité de seguridade e saúde laboral (19/06/2020)


19 jun 2020







Hoxe , 19 de xuño, celebrouse unha nova xuntanza, por videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Administración. de Xustiza coa asistencia do director xeral , membros da DXX, e os delegados e delegadas de prevención de cada un  dos sindicatos,e  tratáronse os seguintes puntos:



-Medidas de protección. A Administración dí que seguirase enviando material de protección, alí onde sexa necesario. Desde CCOO solicitamos a instalación de mamparas nas salas de vista dos xulgados do penal e instrucción de Ourense onde non se se están a manter as distancias de seguridade e tamén na Oficina de atención a vítima na Coruña



-Obras: Reanudaranse as obras menores paralizadas desde o mes de marzo nas localidades de: Cambados, Betanzos, Ribeira, Ordes, Chantada, Ourense, Viveiro….



-Quendas de tarde. Modíficanse e só se manterán estas quendas nos órganos xudiciais onde non se poidan manter as distancias de seguridade. Na Coruña, no Rexistro Civil, en Santiago, na sección 6ª da Audiencia, xulgado 1ª Instancia 6, xulgado Instrucción 3 e xulgados do Social 1 e 2. En Lugo, no SCACE e na Fiscalía Provincial. A DXX publicará un novo anexo que recolla estes cambios.



-Horario: Durante esta fase 3 , o horario de traballo será de 6 horas diarias a realizar entre as 7.30 e as 15.00 horas, coas excepcións dos xugados de garda e os rexistros civis .




-Persoal vulnerable e persoal acollido ao permiso por deber inescusable.


A DXX deunos traslado no día de hoxe, ao comezo da videoconferencia, do borrador da Circular do 19 de xuño no que se informa da reincorporación do persoal con permiso por deber inescusable ou especialmente sensible. No dito borrador disponse no seu apartado primeiro que todo o persoal acollido ao permiso por deber inescusable deberá incorporarse ao seu posto de traballo o dia 22 de xuño de 2020.

 No apartado segundo dispon que o persoal especialmente sensible que teña a valoración da súa situación de vulnerabilidade co seu correspondente informe do nivel de risco (nivel 1,2,3) (sen recomendación de baixa) daran finalizados os seus permisos . O persoal comprendido en ambos apartados terán preferencia no acceso ao teletraballo.



Desde CCOO manifestamos que deberían ter pasado antes o borrador xa que a circular definitiva debe sair publicada antes do luns, día 22. Ademais pedimos información sobre o número de persoal funcionario solicitante destas dúas situacións. Na situación de vulnerabilidade dixeronos que se presentaron 109 solicitudes, das que hai informe tan só en 27 casos, e na situación de deber inexcusable (conciliación) non deron números. 



Unha vez feitas as alegacións ao borrador presentado por todas as organizacións sindicais, a DXX publicará a circular definitiva na que informe sobre a situación do persoal vulnerable e do persoal acollido ao permiso por deber inexcusable a partir do día 22 de xuño .