Nesta nova videoconferencia presidida polo Director Xeral, e
coa asistencia dos delegados e delegadas de prevención dos diferentes
sindicatos, comentáronse diversos temas de interese, centrados maiormente na
afectación que a pandemia ten na nosa administración.
Houbo
un pequeno repunte de contaxios, 6 positivos actualmente de persoal funcionario
dos corpos xerais e outros 3 doutros colectivos xudiciais, polo que se fai un
chamamento a seguir adoitando medidas de protección.
Cidade Xustiza Vigo.- A Administración informa de que dita “cidade” consta dun edificio central de 19 prantas e dun edificio anexo de 4 prantas, cunha praza no medio dos dous. Tería unha escola infantil, para 45 nenos e nenas, e uns aparcamentos soterráns con 306 prazas para vehículos e 90 para motos. A previsión é que se remate este ano, e que antes de que remate o 2022 estén ocupadas totalmente estas novas dependencias, con novo mobiliario, na meirante parte das oficinas xudiciais.
A parte sindical reclamámoslle a Dirección Xeral que se concerte unha visita as instalacións, que xa está comprometida ainda que sen data.
En principio a distribución prevista sería no
edificio central, pranta baixa, Imelga, e da 1ª a 4ª Instrucción, na 5ª
Fiscalía, na 6ª Audiencia Provincial, na 7ª Penal, da 8ª a 13ª Primeira
Instancia, da 14ª a 16ª Social, 17ª Contencioso e 18ª Mercantil. No edificio
anexo irían servizos comúns, na baixa Xulgado de Garda, e nas outras Atención a
Vítima, Violencia, Decanato e Scace. No edificio antiguo, no casco vello,
voltaría o Rexistro Civil, ainda que sobre esto houbo peticións de varios
sindicatos para que o Rexistro Civil, tamen se ubique nestas novas dependencias.
A Administración mantívose na sua postura de que esté no casco vello.
Teletraballo.-
Non hai ninguna novidade, excepto que os portátiles que facilitaría a
Administración serían pagados cos fondos europeos para a pandemia.
Mobiliario.- A
Administración anunciou que xa está convocado un concurso para a compra de novo
material, que chegará ós orgaos xudiciais despois do verán. Haberá unha
renovación das estanterías abertas, que serán cambiados por armarios con portas
corredeiras. Ademais tamen renovaranse mesas, cadeiras, persianas….