Onte , 9 de novembro, tivo lugar mediante videoconferncia unha nova xuntanza do comité de seguridade e saúde laboral coa asistencia do Diretor Xeral de Xustiza e os delegad@s de prevención de todas as OOSS.
O Diretor Xeral de xustiza informou dos seguintes temas:
. Datos númericos e información da incidencia do Covid -19 na Administración de xustiza de Galicia
Houbo 42 casos positivos (26 corresponden a contaxios de funcionarios dos corpos xerais e 16 a xuízes/fiscais e letrados) e 71 casos de illamento por contacto con positivos.
-Vanse poñer alfombrillas desinfectantes en todos os edificios xudicias
-Manteranse os contratos de limpeza.
Desde CCOO insistimos na importancia de instalar medidores de temperatura na entrada dos edificios xudiciais .
Nestes momentos hai un número de 508 funcionarios teletraballando, dous cales un número de 433 pertencen a órganos xudiciais e 75 á fiscalías.
A nova regulación do artigo 47 Bis do EBEP recolle as bases para o desenvolvemento do teletraballo. Mentras non haxa unha regulación específica para a Administración de xustiza ( nestes momentos estanse a facer alegacións ó documento que foi presentado polo Ministerio) , o teletraballo segue a estar regulado pola orde da fase III de desescalada que seguirá en vigor ata tres meses despois de que entre en vigor a nova regulación do teletraballo.
A porcentaxe máxima para poder teletraballar será dun 30% da plantilla nos órganos xudiciais e do 40% no Imelga. Se nun órgano xudical se presentasen máis solicitudes fariase unha quenda rotatoria , dando preferencia ao persoal vulnerable , persoas con fillos menores ao seu cargo,....
. Vacacións e días de asuntos particulares:
Manteñen o seu disfute ata o 31 de xaneiro de 2021 e non van a facer cambio algún, salvo que a dita ampliación se acorde tamén na Función Pública ou polo Ministerio de Xustiza.
. Órganos de nova creación
A previsión da súa posta en funcionamento para o primeiro trimestre de 2021.
. Plans de reforzo
Os plans de reforzo ampliánse tres meses desde xaneiro nos xulgados do social e mercantís e extenderanse despois aos xulgados de 1ª Instancia.
. Interinos
Nesta semana convocárase mesa de interinos xa que as listas actuais están esgotadas en varias provincias e nestes momentos as delegacións territoriais teñen que recorrer ao SPEG para realizar os nomeamentos de interinos.