Xuntanza do Comité de seguridade e saúde laboral (19/06/2020)


19 jun 2020







Hoxe , 19 de xuño, celebrouse unha nova xuntanza, por videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Administración. de Xustiza coa asistencia do director xeral , membros da DXX, e os delegados e delegadas de prevención de cada un  dos sindicatos,e  tratáronse os seguintes puntos:



-Medidas de protección. A Administración dí que seguirase enviando material de protección, alí onde sexa necesario. Desde CCOO solicitamos a instalación de mamparas nas salas de vista dos xulgados do penal e instrucción de Ourense onde non se se están a manter as distancias de seguridade e tamén na Oficina de atención a vítima na Coruña



-Obras: Reanudaranse as obras menores paralizadas desde o mes de marzo nas localidades de: Cambados, Betanzos, Ribeira, Ordes, Chantada, Ourense, Viveiro….



-Quendas de tarde. Modíficanse e só se manterán estas quendas nos órganos xudiciais onde non se poidan manter as distancias de seguridade. Na Coruña, no Rexistro Civil, en Santiago, na sección 6ª da Audiencia, xulgado 1ª Instancia 6, xulgado Instrucción 3 e xulgados do Social 1 e 2. En Lugo, no SCACE e na Fiscalía Provincial. A DXX publicará un novo anexo que recolla estes cambios.



-Horario: Durante esta fase 3 , o horario de traballo será de 6 horas diarias a realizar entre as 7.30 e as 15.00 horas, coas excepcións dos xugados de garda e os rexistros civis .




-Persoal vulnerable e persoal acollido ao permiso por deber inescusable.


A DXX deunos traslado no día de hoxe, ao comezo da videoconferencia, do borrador da Circular do 19 de xuño no que se informa da reincorporación do persoal con permiso por deber inescusable ou especialmente sensible. No dito borrador disponse no seu apartado primeiro que todo o persoal acollido ao permiso por deber inescusable deberá incorporarse ao seu posto de traballo o dia 22 de xuño de 2020.

 No apartado segundo dispon que o persoal especialmente sensible que teña a valoración da súa situación de vulnerabilidade co seu correspondente informe do nivel de risco (nivel 1,2,3) (sen recomendación de baixa) daran finalizados os seus permisos . O persoal comprendido en ambos apartados terán preferencia no acceso ao teletraballo.



Desde CCOO manifestamos que deberían ter pasado antes o borrador xa que a circular definitiva debe sair publicada antes do luns, día 22. Ademais pedimos información sobre o número de persoal funcionario solicitante destas dúas situacións. Na situación de vulnerabilidade dixeronos que se presentaron 109 solicitudes, das que hai informe tan só en 27 casos, e na situación de deber inexcusable (conciliación) non deron números. 



Unha vez feitas as alegacións ao borrador presentado por todas as organizacións sindicais, a DXX publicará a circular definitiva na que informe sobre a situación do persoal vulnerable e do persoal acollido ao permiso por deber inexcusable a partir do día 22 de xuño .