Substitución entre titulares: nova oferta de postos de traballo


4 mar 2026








Saiu  publicada con data 04/03/2026 na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan postos para súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.


.- Para ver a resolución completa, preme aquí