Recordatorio:Cursos lingua galega preparatorios para obter os certificados do Celga 2, Celga 3 e Celga 4.


2 sept 2015


 

No DOG número 159, do venres 27 de agosto de 2015, publicouse a Resolución do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
O prazo para a presentación das solicitudes  será de 15 días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para acceder ao texto da resolución preme  aquí.