Publicouse no DOG de 13 de Agosto de 2015, orde do 3 de agosto de 2015 pola que se convocan, con carácter gratuíto,cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) , que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da data de publicación da presente orde no DOG ata o 11 de setembro de 2015, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Para ver o DOG preme aquí.