CCOO defende os dereitos dos mutualistas e denuncia as agresións e recortes inxustificados que veñen sucedendo nos últimos anos por decisións arbitrarias e unilaterais dos dirixemtes da Mutualidade, polo que o voso voto é decisivo para evitar que queden liquidados dereitos que afectan directamente á saúde, tan denostada xa pola propia Dirección Xeral que aproveita o feito de enfermar para atracar os nosos petos cun decreto de IT`s discriminatorio respecto aos "nosos compañeiros" xuíces e fiscais.
Permisos
- 1 hora no mesmo centro
- 2 horas distinto centro, mesma localidade
- 4 horas centro en diferente localidade a menos de 50 km
- 5 horas, centro en diferente localidade a máis de 50 km
Nas eleccións sindicais vota por unha Mutualidade democrática, vota por CCOO!