Substitución entre titulares


20 oct 2014


No día de hoxe publícase na intranet de xustiza unha substitución entre titulares, así como a adxudicación de postos da última convocatoria que podedes consultar aquí

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

 Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II (descargar aquí), , ate o 22 de outubro inclusive, anticipando a instancia por fax ao 981546222 facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.



Substitucións: a igual traballo, igual salario xa!!