Participación masiva de traballadores nas asembleas informativas


27 sept 2013




No segundo día de asembleas volveuse a repetir a participación masiva de traballadores, esta vez foi nos Xulgados de Celanova, Bande, Xinzo e Verín

O igual que pasou no día anterior nas vilas de Cangas e Marín, tras explicarlle aos traballadores a situación actual, trasmitíronnos a súa preocupación por ésta e pola que vai acontecer de non ser quen de parar as medidas de recortes do Goberno de Feijoo (supresión entre 850 e 2500 € do CAT) e os que poda tomar o de Rajoy no futuro, mostrando un gran interés en participar nas mobilizacións que decidan realizarse en toda Galicia.

Nas asembleas tratáronse os seguintes temas.

- Como nos afectan as reformas lexislativas que se están a realizar polo goberno do estado e que están sendo deseñadas polo Ministro de Xustiza Ruiz. Gallardón

- A conxelación salarial que decidiu o goberno central dos funcionarios públicos e a súa contraposición cos Recortes propios do Goberno de Galicia (supresión dun 4% da Masa Salarial no ano 2013, e a mesma merma, que fixo público a través dos medios de comunicación, para o ano que ven, a amortización de 106 prazas, etc).

- E todavia queda por entrar en vigor o desconto por as baixas médicas que como sabedes discriminan de maneira vergoñenta ós Xestores, Tramitadores, Auxilios e Forenses con respecto a Maxistrados e Fiscais.

- Explicación detallada das mobilizacións que se están a levar noutras comunidades autónomas como Cataluña, ou as xa realizadas con éxito en Navarra

- Explicación da enquisa que se recollerá entre os traballadores despois do 18 de Outubro coas mobilizacións que queremos realizar en Galicia, e que intentaremos facer coincidir co resto do Estado se é posible, xa que mentres na gran maioría do Estado os funcionarios son conxelados, aquí en Galicia nos reducirán entre 850€ e 2500€ (Aux-Tram-X e Forenses) o noso soldo.