Os cinco Sindicatos
con representación na Mesa Sectorial de Galicia, CC.OO-USO-UGT-CSI-CIG,
continuaremos os próximos días 1, 3 e 4 de outubro as asembleas informativas para explicar a todos os traballadores (funcionarios e persoal
laboral) da Xustiza de Galicia a repercusión
que terán sobre as nosas condicións
laborais e retributivas e, por extensión, aos dereitos dos cidadáns, os recortes económicos e de dereitos, as medidas
privatizadoras e demais reformas lexislativas dos distintos gobernos do Partido
Popular que pretenden acabar coa Xustiza como
Servizo Público. O obxectivo das asembleas é acordar un calendario
de mobilizacións consensuado con vós, para loitar contra a degradación das nosas
condicións laborais e retributivas da maneira máis contundente.
DATAS E LUGARES DAS ASEMBLEAS
01 de outubro 03 de outubro
A CORUÑA A CORUÑA / LUGO
09.30 h Carballo 10:00 h Ortigueira
13.00
h Negreira 13:00 h Viveiro
PONTEVEDRA PONTEVEDRA
09.30
h A
Estrada 09:30 Tui
13.00 h Lalin 13:00 Ponteareas
OURENSE OURENSE
10.00 h Pobra deTrives 1 0:00 O Carballiño
12.30
h Barco Valdeorras 12:00 Ribadavia
LUGO -
09.30
h Monforte
de Lemos
13.00
h Chantada
04 de Outubro
LUGO
09.30
h Vilalba
13.00
h Mondoñedo
A pesares de que o Sindicato Staj
non compareceu nas asembleas da semana pasada, cando estaba públicamente
invitado (Cangas, Marín, Bande, Celanova, Xinzo, Verín, Betanzos e
Ordes) volvemos a convocalo para que participe nas asembleas da semana do 30 o
4 de outubro 2013.
TODOS XUNTOS PODEMOS