Mostrando entradas con la etiqueta carreira profesional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carreira profesional. Mostrar todas las entradas

Cobro da traxectoria profesional


1 dic 2022


 





Segundo informacións da Dirección Xeral de Xustiza, o cobro efectivo da traxectoria  profesional para as persoas que acceden ao novo grao será na semana do 9 de xaneiro de 2023, incluindo os atrasos de todo 2022, pero a efectos tributarios terá a consideración de ingreso correspondente ao exercicio de 2022, co fin de evitar unha declaración da renda complementaria.

Informan que non hai incidencias relevantes nas peticións, estando xa realizadas por máis do 95% das persoas que teñen dereito á carreira profesional.


Dende CCOO celebramos este logro colectivo, do que nos sentimos parte importante coa nosa capacidade de combinar mobilización con negociación e que se suma ao cobro íntegro das substitucións, a actualización do CAT equiparándoo á media do Estado, ou a creación de prazas novas derivadas de necesidades estruturais.

Reunión da Comisión de seguimento do acordo da carreira profesional


23 feb 2022








No día de hoxe tivo lugar unha reunión da Comisión de seguimento do acordo da carreira profesional entre a administración e os sindicatos asinantes , CCOO, USO e UGT.


CCOO defendimos dende sempre que a xudicialización do cobro das cantidades correspondentes á carreira profesional, o maior incremento retributivo dos últimos anos, non podía deter o seu aboamento e avance no seu pago, xa que non existía firmeza nas resolucións e a Xunta de Galicia non debera utilizar os pleitos para deter o que está negociado e asinado.


A realidade dános a razón e no día de hoxe, quedou confirmada a próxima apertura do grao dous para os corpos de tramitación procesual e auxilio xudicial que terá efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro deste ano e a apertura do grao extraordinario  para o persoal que chega á nosa comunidade e tamén os que non puideron solicitala no prazo inicialmente aberta. Esta publicación realizarase á maior brevidade (no  mes de marzo) e dende CCOO informaremos puntualmente da apertura dos ditos  prazos.


Por outra banda, en canto ao cobro das cantidades que lle corresponden ao persoal interino, toda vez que no acordo asinado considerábase que lle correspondía o cobro nas mesmas condicións que o persoal da adminitración autonómica, CCOO considera que o cadro de negociación de xustiza ten que permanecer alleo a conflitividade da carreira profesional na Xunta e proceder á modificación inmediata do acordo para incluír ao persoal interino que ten todos os mesmos dereitos que o persoal fixo menos a fixeza no posto habendo acordo entre as partes e coincidindo en que as dilacións na Xunta non son asumibles por Xustiza.


CCOO esixe a inmediata adecuación do acordo da carreira profesional para o cobro das cantidades que lle corresponden ao persoal interino.


Tamén será obxecto de modificación o CAT do corpo de xestión procesual, cunha pequena subida con efectos retroactivos, toda vez que as subidas en diferentes territorios fixo que a súa retribución sexa inferior á media. No caso de tramitación procesual e auxilio xudicial quedaría