Cobro da traxectoria profesional


1 dic 2022


 





Segundo informacións da Dirección Xeral de Xustiza, o cobro efectivo da traxectoria  profesional para as persoas que acceden ao novo grao será na semana do 9 de xaneiro de 2023, incluindo os atrasos de todo 2022, pero a efectos tributarios terá a consideración de ingreso correspondente ao exercicio de 2022, co fin de evitar unha declaración da renda complementaria.

Informan que non hai incidencias relevantes nas peticións, estando xa realizadas por máis do 95% das persoas que teñen dereito á carreira profesional.


Dende CCOO celebramos este logro colectivo, do que nos sentimos parte importante coa nosa capacidade de combinar mobilización con negociación e que se suma ao cobro íntegro das substitucións, a actualización do CAT equiparándoo á media do Estado, ou a creación de prazas novas derivadas de necesidades estruturais.