Mesa sectorial Ministerio de Justicia


22 sept 2026


 ​📢 INFORMACIONES VARIAS DEL MINISTERIO DE JUSTICIA ⚖️

​Desde CCOO os trasladamos las últimas novedades tras las mesas sectorial  con el Ministerio:

​📍 1. Concurso de traslados

El Ministerio niega que esté parado, aunque reconoce la complejidad para determinar las plazas vacantes y las destinadas a procesos selectivos. Mantienen el compromiso de convocarlo antes de que finalice este año 2026 (fecha exacta aún por determinar).

​📍 2. Oferta Turno Libre OPE 2023

​Previsión de oferta: Entre mediados y finales de octubre.

​Situación de Cataluña: Tras la publicación de la promoción interna en el BOE (20 días de toma de posesión), si Cataluña se retrasa solo unos días, se esperará para ofertar todo junto. Si el retraso es mayor, se ofertará el resto de ámbitos y Cataluña irá por separado.

​Cuerpo de Auxilio: Faltan unas 35 plazas por ofertar. El Ministerio buscará consensuar con la representación sindical una solución a esta situación.

​📍 3. Plazas para el Turno de Reserva de Discapacidad

Desde CCOO denunciamos un retraso injustificado, ya que son las mismas "plazas bis" del concurso de méritos. El Ministerio prevé darnos una fecha aproximada este viernes.

​📍 4. Listas complementarias (Procesos de Estabilización)

A partir del 29 de septiembre (tras finalizar las tomas de posesión) se contabilizarán las plazas no cubiertas para publicar las listas complementarias. El objetivo del Ministerio es que no quede ninguna plaza de estabilización sin cubrir.

​💪 CCOO en defensa de tus derechos.


Adxudicación definitiva das últimas comisións de servicios



 


Con data 1/09/2026 saiu publicada na intranet de xustiza  e na páxina web da Consellería, a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas o servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 9 de xaneiro de 2026.


.-Para ver a Resolución completa, preme aquí 

Entrada en vigor das novas bolsas de persoal interino: 25 de setembro




 


📢 CCOO XUSTIZA - ÚLTIMA HORA PERSOAL INTERINO


⚖️Compañeiros e compañeiras, compartimos con vós a información clave sobre a nova orde de interinos e os próximos chamamentos:


📅 Calendario previsto :


 Venres, 25 de setembro : Publicación das listaxes definitiva de interinos.


Mércores, 30 de setembro : Primeiros chamamentos polas novas bolsas (notificarase a través do OPAX e tamén por SMS , salvo incidencias técnicas).


⚠️ Atención: Hai un total de 316 persoas excluídas por non optar en prazo por unha bolsa determinada.


📊 Integrantes das novas bolsas por provincia:


Provincia    Xestión Procesal   Tramitación Procesal    Auxilio Xudicial


*A Coruña*       281                               381                                  659


*Lugo*              82                                 126                                   191


*Ourense*        68                                 98                                    148


*Pontevedra* 191                              320                                    512


💡 Para calquera dúbida ou consulta, podes escribirnos a:


✉️ ccooxustiza@fsc.ccoo.es


📞 676 38 52 34


Dende CCOO consideramos que esta información trasladada en Comisión Paritaria é insuficiente, e que a Xunta de Galicia debera ternos convocado entre a provisional e a definitiva, co fin de ter claros os criterios de exclusión ou baremación de cursos, por exemplo, a inexplicable falta de consideración do ComDix.


Adxudicación provisional de comisións de servizo


16 sept 2026






 Con data 16/09/2026 publícouse na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza  pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo en comisión de servizos, entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza, convocados pola Resolución do 9/01/2026  

As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.


 - Para ver a Resolución completa, preme aquí


Substitución entre titulares: novos avisos de desocupación de postos


7 sept 2026


  


Con data 3/09/2026 saíu publicada na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.


. - Para ver a Resolución completa, preme aquí 





Nova oferta comisións de servizos



 Con data 3/09/2026 publícase na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a Resolución da DXX, pola que se convoca provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.


Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. 

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico disponible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza ( OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade code conformidade co artigo 6 da Resolución do 19 de decembro de 2025.

Para ver a resolución completa, preme  aqui








Nota informativa da Dirección Xeral sobre suspensión de chamamentos



 


Unha vez entren en vigor as novas listaxes de persoal interino convocadas pola Resolución do 13 de abril de 2026, as bolsas anteriores quedarán automaticamente anuladas de conformidade co establecido no artigo 8.4 da dita resolución.

Aquelas persoas interesadas en quedar en situación de suspensión de chamamentos conforme o establecido no artigo 20 da Orde do 6 de maio de 2026 poden cursar a dita solicitude coa documentación acreditativa necesaria nun prazo de cinco días hábiles (do 7.09.2026 ao 11.09.2026), por correo electrónico ante a xefatura territorial correspondente. A suspensión terá efectos dende a entrada en vigor das novas bolsas.

Recórdase que o persoal interino que estaba en situación de suspensión temporal nas anteriores bolsas deberán solicitar novamente a suspensión xa que non pasarán a esta situación de forma automática.

A continuación facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais:

 

Departamento Territorial da Coruña,

Servizo de Xustiza,

Correo electrónico : servizo.xustiza.coruna@xunta.gal Tfno. 981 184 472/ 981 184 456

 

Departamento Territorial de Lugo,

Servizo de Xustiza,

Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal Tfno. 982 294 308/ 982 29 49 95

 

Departamento Territorial de Ourense,

Servizo de Xustiza,

Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal Tfno. 988 386 016

 

Departamento Territorial de Vigo,

Servizo de Xustiza,

Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal Tfno. 986 817 716/ 986 817 788



Listaxes de persoal interino


28 ago 2026


📢Xa están publicadas as novas listas de interinos!




Listaxes resultantes de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 13 de abril de 2026.

Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. O prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitarase entre o 31 de agosto e o 11 de setembro.

Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.

A elección deberá realizarse telematicamente dentro do prazo establecido, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.

As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.


Listaxes resultantes de persoas admitidas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

Listaxes resultantes de persoas excluídas

Corpo auxilio xudicial

Corpo de tramitación procesual e administrativa

Corpo de xestión procesual e administrativa

Se tes calquera dúbida ou precisas axuda, lembra que podes contactar con CCOO Xustiza:

📧 Correo: ccooxustiza@fsc.ccoo.es
📞 Teléfono: 676 38 52 34

Información mesa sectorial Ministerio


29 jul 2026


 



📢 INFO CCOO JUSTICIA

El Ministerio vuelve a retrasar todo sin dar explicaciones. Resumen de lo que nos han contado hoy:

🔹 Concurso-oposición 1327/2022 (Gestión, Tramitación y Auxilio): adjudicación en BOE 24 agosto. Nombramiento 31 julio.

🔹 Promoción interna 104/2024 y 150/2024: BOE 10 agosto, nombramiento 31 julio. En Cataluña se retrasa (aún sin oferta de plazas).

🔹 Estabilización discapacidad: sin fecha, siguen sin dar información precisa.

🔹 Turno libre OEP 2023: oferta en septiembre, toma de posesión en octubre.

🔹 Tramitación 1288/2022 Andalucía: BOE 4 agosto (denegada la cautelar).

🔹 OEP 2024: quieren cerrarla antes de fin de año, pero hay problemas de plazas en Auxilio Judicial.

🔹 Concurso de traslados cuerpos generales: llevan todo el año prometiendo que saldría antes del verano y ahora lo aplazan sin motivo. INACEPTABLE.

🔹 Traslados Facultativos INTCF y Médicos Forenses: se convocarán en septiembre.

🔹 35 horas semanales: siguen SIN fecha de publicación en el BOE, pese a llevar desde el 15 de abril pendiente. Vulneración clara de la LOPJ.

❗ Desde CCOO denunciamos la dejadez del Ministerio y la vulneración de derechos de miles de opositoras/es. Seguiremos informando.


Listaxe provisional bolsas de interinos


28 jul 2026





No día de hoxe vén de publicarse a listaxe provisional das bolsas de interinos de Galicia, que podedes consultar na seguinte ligazón:


https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos


Para calquera dúbida podedes contactar no correo ccooxustiza@fsc.ccoo.es ou no numero 676385234


Información de CCOO Xustiza no teu móbil ou dispositivo


17 jul 2026


 

📲 Únete a noso  canal de WhatsApp

Ola a todos e todas!

Se sodes dos que entrades no blog para estar ao día de todas as novidades do sector, hoxe queremos facervos a vida moito máis fácil. Sabemos que o día a día é un non parar e que, ás veces, é difícil sacar tempo para entrar a revisar se hai novas publicacións.

Por iso, acabamos de lanzar un novo canal de difusión oficial en WhatsApp.

A partir de agora, as noticias máis importantes, os avisos urxentes, as convocatorias e toda a información de última hora chegarán directamente ao teu móbil, ao instante e sen esforzo.

🚀 Por que deberías unirte ao canal?

  • Inmediatez total: Recibe as alertas importantes no mesmo momento en que se producen (ideal para prazos de oposicións, publicacións de listas no DOG, avisos de última hora, etc.).

  • Comodidade máxima: Non tes que buscar a información, a información chega a ti.

  • Privacidade 100% garantida: O teu número de teléfono e os teus datos persoais son completamente invisibles para o resto de membros e tamén para os administradores. É unha vía totalmente segura.

  • Sen spam: Só enviaremos as informacións de maior interese. Sen saturar o teu chat.

📥 Como podes unirte en só dous clics?

Unirse é facilísimo e totalmente gratuíto. Só tes que seguir estes pasos:

  1. Fai clic nesta ligazón: Únete ao noso canal de WhatsApp aquí 🔗

  2. Unha vez dentro de WhatsApp, pulsa o botón "Seguir" na esquina superior dereita.

  3. 🔔 Moi importante: Activa a campaniña de notificacións (na parte superior) para que o móbil che avise cando compartamos algo urxente.

💡 Consello: Se usas WhatsApp Web no ordenador, tamén podes acceder e unirte dende aí cun só clic.

Grazas por seguir confiando en nós para estar ao día. Esperámoste no canal de WhatsApp para seguir construíndo esta comunidade máis preto de ti!

👉 PREME AQUÍ PARA UNIRTE AGORA 👈


Comisión paritaria de interinos 16/07/2026






Malia a que CCOO non deu o aval á nova orde de interinos publicada no DOG do 17 marzo, xa que o sistema galego de chamamentos era o mellor do Estado e co actual vaise a un cambio de modelo que non garante o emprego e a calidade da xustiza, agora xa estamos no proceso finalizado de presentación de instancias, e as portas da publicación das listas provisionais.


É por iso que a Dirección Xeral convocounos no día de onte co fin de transmitir os datos, pendentes de envío, de número de solicitudes presentadas, desglosados por provincia e corpo, e as dúbidas xeradas pola nova normativa.


  • Publicarase a listaxe provisional a finais de xullo, principios de agosto, co prazo de dez días hábiles para alegacións.

  • A intención é que no mes de setembro a listaxe definitiva estea conformada e comecen os chamamentos pola nova bolsa.

  • A comisión paritaria reunirase cada seis meses e, de producirse incidencias, a solicitude de parte. En todo caso, antes da publicación definitiva terá lugar unha reunión co fin de resolver os posibles problemas interpretativos que xurdan nas alegacións.

  • Unicamente faranse tres chamamentos telefónicos.

  • A actualización de méritos farase logo de cada proceso selectivo, para CCOO é insuficiente, dado que, aínda que nos últimos anos convócanse con regularidade, pode haber anos sen OPE, o que impediría actualizar méritos de cursos de formación.

  • Logo dun ano traballado, cando se teña que cesar, os nomeados pola nova bolsa terán catro meses de penalización nos que non serán chamados, aspecto máis controvertido da nova bolsa que CCOO non avala.

  • O cese aos tres anos producirase para os nomeamentos que tiveron lugar logo da entrada en vigor da nova orde, o 17 de marzo de 2026. 


CCOO reclama que se tomen medidas efectivas para a formación presencial remunerada das novas incorporacións de titulares ou interinos, ou cando se produzan cambios de xurisdición. O traballo non pode desenvolverse con eficiencia cando unha persoa que se incorpora depende da boa vontade dos compañeiros e compañeiras, ou de módulos de teleformación alleos á realidade práctica do órgano xudicial.


Publicación novas substitucións


18 jun 2026





Con data 17/06/2026 saíu publicada na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.


. - Para ver a Resolución completa, preme aquí 


Estado dos procesos selectivos


8 jun 2026





A Dirección Xeral remítenos o estado actualizdo dos procesos selectivos pendentes de resolución. CCOO xa presentou, e animou a presentar de forma individual, unha queixa ante o Defensor do Pobo, polo retraso inxustificado e inxustificable na tramitación de todos estes procesos, xenerando perxuízos gravísimos en materia económica e de conciliación da vida laboral e persoal a todas as persoas afectadas. Instamos a dotar de máis persoal aos departamentos de xestión destes procedementos, así como dos concursos de traslado, procesos lentos, por non decir en moitos casos paralizados, e negámonos en rotundo a que sexan xestionados por empresas privadas, tal e como aconteceu nalgún concurso de traslado no pasado, con nefastas consecuencias en sucesivas resolucións plagadas de erros.



CORPOS XERAIS

 

·         CONCURSO DE MÉRITOS (Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro)

-      Auxilio (3 prazas). Ofertáronse os postos e os aspirantes xa elixiron. Pendente publicación da adxudicación.

 

·         CONCURSO-OPOSICIÓN (Orde JUS/1327/2022, de 28 decembro):

-      Tramitación (2 prazas): Solicitados os postos, pendente de adxudicación. Vilagarcía e Ribeira.

-      Auxilio (3 prazas): Solicitados os postos, pendente de adxudicación. O Barco, Lugo e Pontevedra.

 

·         QUENDA LIBRE 2024 (Orde PJC/64/2024, de 25 de xaneiro):

-      Xestión: 13 (a praza de discapacidade queda sen cubrir). Pendente a adxudicación de postos.

-      Tramitación: 21 + 1 discapacidade. Pendente a adxudicación de postos.

-      Auxilio: 15 + 1 discapacidade. Pendente a adxudicación de postos

 

·         PROMOCIÓN INTERNA 2024:

-      Xestión (2 prazas). Orde PJC/104/2024, de 31 de xaneiro. Pendente a adxudicación de postos.

-      Tramitación (2 prazas). Orde PJC/150/2024, de 19 de febreiro. Pendente a adxudicación de postos.

 

·         QUENDA LIBRE 2025 (Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro):

-      Auxilio: 44 + 6 discapacidade. Vacantes tres prazas da quenda de discapacidade que se adxudican a persoal aprobado noutras CCAA. Pendente a adxudicación de postos.

 

·         QUENDA LIBRE 2026 (Orde PJC/1549/2025, de 22 de decembro):

-      Tramitación: 31 + 3 discapacidade. Exame o 3.10.2026

-      Auxilio: 23 + 3 discapacidade. Exame o 3.10.2026

 

·         PROMOCIÓN INTERNA 2026 (Orde PJC/1550/2025, de 22 de decembro):

-      Tramitación: 16 + 1 discapacidade. Exame o 20.06.2026

 

 

 

MÉDICOS FORENSES

 

·      Concurso de méritos quenda discapacidade (1 praza): Orde PJC/1356/2024, de 19 de novembro.

 

Resolución do concurso de méritos a través da Orde PJC/1536/2025, de 18 de decembro, pola que se publica a relación de persoas aprobadas no proceso selectivo extraordinario para acceso, por concurso, reservado a persoas con discapacidade, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, convocado pola Orde PJC/1356/2024, de 19 de novembro.


 

 

Non se adxudica ningunha praza en Galicia.

 

·      Acceso libre (2 prazas): Orde PJC/1446/2024, de 10 de decembro. Publicada a resolución de oferta de prazas ás persoas aprobadas.

 

·      Orde PJC/1537/2025, de 18 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, mediante oposición, no Corpo Nacional de Médicos Forenses.

 

Non se convocan prazas en Galicia.