Con data 12/01/2026 publícase no DOG a Resolución do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será:
• Graos I e II:
Todos os corpos: 30 días hábiles contados desde o 2 de marzo de 2026.
• Grao III:
Todos os corpos: 30 días hábiles contados desde o 2 de marzo de 2026.
. - Para ver a Resolución completa, preme aquí

