Tras máis dun mes de negociación fomos quen de acadar un acordo retributivo coa Dirección Xeral de Xustiza que nos sitúa nos primeiros postos dos trece territorios de España.
A unidade das OO.SS foi clave para lograr este acordo económico que coloca a Galicia entre as CC.AA mellor pagadas, a CIG desmarcouse no derradeiro momento.
Para SPJ-USO, STAJ, AXG, UGT, CSIF e CCOO este acordo marca a senda económica dos próximos anos pero en absoluto remata a negociación da implantación dos Tribunais de Instancia das 7 grandes cidades, onde se prevén cambios moi importantes e as/os traballadoras/es teremos moito que dicir.
No último momento logramos, cara a implantación dos tribunais de instancia da FASE III, que a D.X aceptara a modificación dunha cláusula para que, naqueles aspectos da implantación que non sexan da súa competencia, se abra unha canle de negociación cando as OO.SS o soliciten.
ROGOS E PREGUNTAS
De seguido, pasamos aos e rogos e preguntas no que expuxemos dúbidas de moi diversa índole que, sinopticamente, pasamos a referenciar:
TRAXECTORIA PROFESIONAL: A Subdirectora confirma que o carácter retroactivo da traxectoria a día 1 de xaneiro de 2025 está garantido, agora só queda que negocien en función pública da Xunta de Galicia para poder cobrar en xustiza
CONFIRMACIÓN NOS POSTOS DO R.CIVIL: Insistimos en que, en lugar dunha confirmación automática e obrigatoria das persoas que presten alí os seus servizos, se permita unha confirmación voluntaria. Se non acepta, ofertaríase voluntariamente o resto do persoal e, se tampouco houbera solicitantes, entón iría a reordenación forzosa. A D.X manifestou que solo sería posible se hai mais persoas para ese posto.
IMPLANTACIÓN DA NUMO: o día 7 deste mes publicarase no DOG as RPT`s da primeira fase así como a resolución do deseño e estrutura dos T.I.
COMISIÓNS, SUBSTITUCIÓNS E INTERINOS NA CONFIRMACIÓN DE PRAZAS: A D.X. manifestou que é a súa intención que se manteñan todos e que unha vez se faga a reordenación, aqueles acompañaran o titular da praza. Por outra banda, tamén nos informou que se seguían a publicar e que non foron canceladas.
INTERINOS: seguirán a ser chamados segundo a normativa actual ata o 1 de Xullo, se ben a partir desa data estarán ligados ó código da RPT do titular. Os REFORZOS tamén continuarán se compren as condicións que esixe a normativa, polo que non haberá cese automático nesa data do 1 de Xullo.
COMPLEMENTO DE VIOLENCIA DE XÉNERO: Confirmou que se seguirá abonando o complemento que se percibe por incoación do número de dilixencias durante o presente ano. Para o ano 2026 haberá que volver regulalo.
TELETRABALLO: Insistimos na necesidade de empezar a negociar xa a normativa do teletraballo, respostándonos o Director Xeral que primeiro había que rematar de negociar os Tribunais de Instancia. Volveu a reiterar que había que marcar un horizonte temporal, pero manifestou que lle era imposible dar unha data nin sequera aproximada.
COMARCALIZACIÓN DOS XULGADOS DE VIOLENCIA: O Director Xeral no foi quen de asegurar a comarcalización dos xulgados de Violencia, que en todo caso serían Ourense e Santiago. O que si afirmou é que de non levarse a cabo a comarcalización o Ministerio non accedería a crear máis “prazas” de Xulgados Exclusivos de Violencia.
Novo programa ATENEA: descoñece a data para a súa implantación.
PORTÁTILES: rematarán o reparto nas sete cidades galegas antes de que finalice o ano.
IMELGA: Hai que comezar a adaptar o Imelga o regulamento polo que se publicará un novo Decreto.
Unha vez rematadas as quendas de intervención o D.X emprazounos para o PRÓXIMO DÍA 14 DE MAIO co fin de seguir coa negociación así como tamén do Comité de Seguridade e Saúde co fin de avanzar no protocolo sobre Acoso sexual e Acoso por razón de sexo no ámbito laboral.