Concurso específico: Próxima convocatoria no DOG das xefaturas dos corpos xeraisdos tribunais de instancia


16 sept 2025



A DXX comunica a CCOO e ao resto de organizacións sindicais que o venres, 18.09.2025 está prevista a publicación no DOG e no BOE da Resolución do 8 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan, para a provisión, polo sistema de concurso específico, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial da Administración de xustiza.