Imelga : oferta de prazas de médicos forenses en comisión de servizos


31 may 2024




Con data 31/05/2024 publicouse  na intranet de xustiza a  Resolución do 31 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo de médicos forenses en Lugo e a Coruña.


Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude através do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.

Para ver a resolución completa, preme aquí