Publicación no DOG da orde pola que se modifican e determinan os servizos mínimos


16 may 2023






Hoxe publícase no DOG a Orde do 15 de maio de 2023 pola que se modifica a Orde do 2 de maio de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga xeral os días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio de 2023 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia, que pasa a ser indefinida a partir do día 22 de maio de 2023.


Modificación da Orde do 2 de maio de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga xeral os días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio de 2023 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia

O artigo 1 da Orde do 2 de maio de 2023 modifícase nos seguintes termos:

A convocatoria de folga, que afectará o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, en todos os centros de traballo, desenvolverase os días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio de 2023, a partir das 00.00 horas ata as 23.59 horas de cada un dos días, e pasará a ser indefinida a partir das 00.00 horas do día 22 de maio de 2023, de luns a venres, salvo festivos.

Esta convocatoria de folga enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen no anexo, os cales serán prestados en todo caso de forma presencial.



Para ver a Resolución completa completa, preme aquí