Comité de seguridade e saúde 21/ 04/ 2022


22 abr 2022


 




O día 21 deste mes celebrouse unha nova xuntanza, por videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Admón. de Xustiza. Participou o Director Xeral con integrantes desa Dirección, e os delegados e delegadas de prevención de cada uno dos sindicatos:

O Director Xeral informou sobre:

  • Medidas de protección covid. Estase agardando unha resolución da Consellería de Sanidade, mentres tanto recoméndase usala mascara, de feito, seguirá enviándose este material ós órgaos xudiciais. No relativo as mámparas agardase dita resolución.

  • Desfibriladores. Instalarase nunha primeira fase, un aparato en cada edificio xudicial das setes cidades. Estarán a cargo do persoal de vixiancia e seguridade.

  • Novo edificio de Vigo. Siguese co plan previsto, e próximamente farase entrega do mesmo, para poder comezar coa sua ocupación.

  • Arquivos xudiciais. Está contratado cunha empresa o expurgo de 20.000 mts. de arquivos xudiciais, nos diferentes órgaos xudiciais de Galicia, polo que próximamente comezarase cos traballos.

  • Protocolo de acoso. A proposta presentada pola Administración pareceunos un bo punto de partida, mellorable coma todo.

  • Teletraballo. A Xunta mercou 1.700 ordenadores para realizalo, pendentes da sua distribución, unha vez se aprobe a regulación estatal pendente.

O Director Xeral anunciou a sua próxima marcha a outras responsabilidades, polos futuros cambios no Goberno da Xunta de Galicia.

Santiago, 21 04 2022