Publicada na intranet de xustiza as adxudicacións das últimas prazas ofertadas mediante substitución entre titulares.


30 jun 2021


 

Saíu publicada na intranet de xustiza , con data do 29/06/2021, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, relativa á oferta publicada o 15/06/2021.

 A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria,dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico(servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

Para ver a Resolución , preme aquí