Convocatoria de actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero


20 sept. 2019


A Egap publica hoxe no DOG a Resolución do 12 de setembro de 2019 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

Para consultar as bases e os anexos coa relación de cursos convocados preme na ligazón.