Sede xudicial electrónica de Galicia


23 sept 2016





No DOG número 182 do venres 23 de setembro de 2016 publicouse a Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se crea e se regula a sede xudicial electrónica de Galicia.

Tal e como se sinala na propia orde, coa implantación da sede xudicial electrónica de Galicia preténdese centralizar os procedementos e servizos que presta cada unha das oficinas xudiciais de Galicia, facilitando o acceso a elas e creando un espazo en que a Administración de xustiza en Galicia, os cidadáns e os profesionais se relacionen no marco da actividade xudicial coas garantías procesuais necesarias.

Para acceder ao texto da mesma prema na seguinte ligazón.