Convocatoria de cursos de formación da EGAP para o ano 2016


11 feb 2016



 Hoxe publicase no DOG a Resolución do 8 de Febreiro de 2016 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

 O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Para ver a resolución, preme aqui 



Tamén hoxe publicase no DOG a  Resolución do 2 de febreiro  de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación para persoal que presta servizos no edificio xudicial de Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Para ver a resolución , preme aqui