Defender os dereitos da clase traballadora non é un delito


30 jun 2014


O Sector de Xustiza de CCOO chama a participar en todas as concentracións que terán lugar o día de hoxe nas principais cidades do noso país, contra a represión sindical, que leva ao despropósito de que dúas mozas, Ana e Tamara, unha delas embarazada, teñan sobre si o peso dunha sentenza tremendamente inxusta e desproporcionada, de tres anos de cárcere, por botar colorante nunha piscina, feito que non quedou acreditado. Non son casos illados, o goberno dos recortes sabe que a única arma que lle queda á clase traballadora é organizarse para combatir o expolio de dereitos laborais e sociais e queren atacar esa organización con medidas agresivas que levan á cárcere a persoas inocentes, con máis de 40 casos espallados por todo o Estado.

Las causas contra huelguistas suman peticiones de cárcel por 120 años