Gaceta especial: Xubilacións dos funcionarios de xustiza


28 mar 2014




Este boletín ten por obxecto aclarar as dúbidas acerca da nosa xubilación, cómo se solicita, cal será a súa contía, as diferenzas entre xubilación forzosa e anticipada. 

Se ben seguimos a pertencer ao réxime de clases pasivas, veremos por canto tempo, o último pensionazo aféctanos, e de que maneira, xa que a revalorización das pensións, que inclúe a todos os pensionistas sen distincións, fixa un tope máximo de subida moi afastado do custo da vida, co que o goberno estimula os fondos de pensións privados, desincentiva o consumo e deixa aos maiores nunha situación de precariedade económica raiana co subsidio, cando a pensión é un dereito, un salario diferido que gañamos aportando mensualmente a cantidade correspondente ás arcas do Estado. 

Deste xeito, para o ano 2014, os pensionistas verán como a súa paga se incrementa unicamente no 0,25%; se temos en conta a subida dos recibos da luz (2,3%), o mantemento dun IVE abusivo, os continuos repagos dos gastos médicos imprescindibles para a terceira idade, o aumento do prezo dos carburantes e transportes públicos, etc... vemos como, cada día máis, os últimos anos de vida dun traballador, o seu merecido descanso, vanse converter nunha verdadera loita pola subsistencia.

Para descargar á gaceta preme aquí