Montorazo electoral: asalto a Bruselas


28 mar 2014




O anuncio que fai o ministro Montoro no Congreso, polo que devolve envolto en lazo un día máis de asuntos propios, demostra una nova manipulación do Goberno do Partido Popular, quen, primeiro retira dereitos e retribucións aos empregados públicos conseguidos tras décadas de loita para logo ir repartindo dádivas con contagotas a través de moscosos soltos. Todo ten un fin electoral: conseguir o voto dos empregados públicos nas eleccións europeas de maio, tratando de que se esquezan do continuo desprestixio, menosprezo e vilipendio da súa labor que fixo este goberno, tanto na negociación colectiva como, sen tapuxos, nos medios de comunicación, sorprende que agora destaque a aportación dos funcionarios á saída da crise, cando en reiteradas ocasións, altos representantes do seu partido cualifícannos como sobrantes ou vagos e maleantes que dedican a súa xornada laboral a ler o xornal e tomar café. 

Para CCOO, sen ningunha dúbida, os empregados públicos, coa súa profesionalidade e bo facer, traballan para a boa marcha do Estado, asumindo unha sobrecarga de traballo derivada da falta de medios persoais e materiais e da asunción de funcións que non lles corresponden, e que unha Administración neglixente é incapaz de controlar, empeñada nun proteccionismo clasista dos corpos superiores. 

Estes esforzos non se “recompensan” devolvendo un día de asuntos particulares que xa nos pertencían. Non queremos caridade, queremos a reposición de todos os dereitos laborais e retributivos eliminados: a paga extra de decembro de 2012, que se erradiquen as conxelacións, os descontos do 4% da masa salarial de 2013 e 2014, os días adicionais por antigüidade, que se articulen medidas de conciliación laboral e familiar, que non paguemos por enfermar e que traballemos nun entorno digno e profesional, dignidade e profesionalidade da que nós podemos estar orgullosos e non o goberno. Por un lado regálanos un día na procura de votos, e por outro, para contentar aos que nos estigmatizan, o ministro Montoro alardea de ter destruído 350.000 postos de traballo públicos, sen oposicións nin promoción interna, sen concursos efectivos, con ansias privatizadoras (Rexistro Civil, Servizo de notificacións... e con amortizacións continuas. 

Teremos un día máis, pero tanto a Xustiza como servizo público, como os nosos dereitos laborais e retributivos, seguen a sufrir un proceso de deterioro tal que, de non concienciarnos e loitar na rúa polo que nos roubaron, o camiño é unha xustiza de pago, inservible para as clases populares e uns funcionarios de xustiza en precario e en réxime de explotación