Hoxe 25 de abril de 2013 fai 39 anos da Revolución dos Caraveis que propiciou o derrotamento da ditadura salazarista (1926-1974).
António de Oliveira Salazar (ditador que asentou os alicerces da represión do pobo portugués a comezos do século XX) fixo tristemente famosa a Portugal por ter unha das ditaduras máis lonxevas da historia mundial (O Estado Novo): 48 anos de goberno fascista.
No 1974 estaba a tiranía da ditadura política e no 2013 temos a tiranía da ditadura económica. Os intereses dos mercados por diantes dos dereitos das xentes do común: do precariado e da clase traballadora.No 1974 houbo que derrocar un réxime político fascista e no 2013 temos que poñer fin a un réxime político tardofranquista asentado en reminiscencias do neofascismo máis recalcitrante.No 1974 loitaron contra o colonialismo (metrópoli-colonias) e no 2013 temos que seguir loitando contra o neocolonialimo e a barbarie da globalización capitalista.
Niste sentido a Revolución dos Craveis supón un hito histórico no século XX por abrir as portas a Terceira República Portuguesa, por revolucionar as esquerdas da Europa Occidental e por expandir aires revolucionarios polo Sur de Europa, concretamente o seu pobo veciño sometido: Estado Español.
A Segunda República Española veu en abril, e a Terceira República Portuguesa… tamén
Coa primaveira veñen as flores, e coa revolución chegaron os caraveis. O MFA(Movimento das Forças Armadas) foi unha organización ilegalizada (constituida no seo do exército portugués) que mediante un golpe militar pacífico (xunto coa insurrección social posterior) posibilitou o proceso constituínte que asentou os alicerces da Terceira República Portuguesa.
O MFA coñece de primeira man a Guerra Colonial de África e as miserias latentes que o réxime salazarista provoca no pobo portugués. Diste xeito é dende 1973 cando o MFA se constitúe con oficiales novos e con ideas de esquerdas e emancipatorias. Non querían a policía política portuguesa e tampouco que se perpetuase o colonialismo coas colonias.
As 22.55h do 24 de abril de 1974 (no programa Límite (Radio Renascença) houbo unha primeira sinal para dar comezo a Revolución coa emisión de E Despois do Adeus (Paulo de Carvalho) e as 00.20h do 25 de abril emítese a última sinal que daba comezo á insurrección militar do MFA: Grândola, Vila Morena.
Non hai feminismo máis radical e xenuino que o das mulleres loitando contra un réxime político, mobilizando o conxunto do común e participando nun proceso constituínte
O golpe social nas rúas e prazas de mulleres e homes sedentos de liberdade e fraternidade estaba máis que garantizado. O proceso constituínte estaba a piques de vir e con il… o sufraxio universal e un novo esceario para os dereitos das mulleres e as clases populares portuguesas.
Dende o minuto cero que deu comezo o golpe de estado do MFA o pobo manifestou o seu agradecemento, entusiasmo e apoio mutuo colocando centeares de caraveis vermellos nos fusís e tanques dos soldados.
Grândola, Vila Morena é unha canción que fai referencia a fraternidade entre as persoas de Grândola (no Alentejo), a cal foi prohibida pola ditadura salazarista sendo tachada de comunista.
É un mes antes de que dera comezo a Revolución cando varios membros do MFA, asistentes a un espectáculo de Amalia Rodrigues no Coliseo de Lisboa, escollen Grândola como himno do 25A.
Curiosidades da historia cicais, o caso é que a primeira interpretación en vivo de Grândola tivo lugar en Compostela o 10 de maio de 1972.
Ben sabe a esquerda que a memoria histórica é o millor antídoto contra a amnesia obrigatoria, a barbarie e o fascimo. O Sur da Europa non esquece que somos o Sur do Norte, non esquece que os respectivos rexímenes actuais restan soberanía en beneficio da hexemonía alemana e os intereses dunha casta. Nuns tempos convulsos nos que parece que non hai espranza para o cambio real… non hai que deixarse levar pola desidia dos mass media e o medo que os gobernos de turno lle meten no corpo a xente (estigmatización, persecución, control, etc.) Compre lembrar o pasado recente, poñer en práctica a política da ilusión e o rexurdimento, sentar os alicerces dos diversos procesos consituíntes que teñen que vir.
Os pobos portugués, español, italiano, grego, chipriota, etc… non queren ser vasallos nin colonizados. Víctimas dunhas novas ditaduras de pescozo branco e sen ballonetas que asfixian a moral dos pobos e a dignidade da xente do común.
O António de Oliveira Salazar de antes agora chámase Troika, a tiranía política de antes mutou a austeridade socialicida de hoxe en día e ditadura militar de antes é a ditadura dos mercados do presente
O pobo é quen máis ordena! Bo 25 de Abril!
Saúde, Terra e Fraternidade!
GRÂNDOLA, VILA MORENA (Zeca Afonso)
“Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade”
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade”
A orquesta Solfónica do 15M toca en Sol o #16F “Grândola Vila Morena”, un día despois de que un grupo de 30 persoas interrumpise ao xefe de goberno de Portugal en pleno discurso na Asamblea da República de Portugal cantando ”Grândola Vila Morena”.
Enlace permanente: pica aquí