Fase III: confirmación do persoal nos xulgados de VSM de Santiago e Ourense


29 oct 2025


 


 






A Dirección Xeral de Xustiza comunica a CCOO e ao resto de organizacións sindicais que no día de hoxe se puxo a disposición do persoal funcionario dos Xulgados de Instrucción N.3 de Santiago de Compostela e Ourense en NOTIFICA un oficio en relación a súa preferencia para a confirmación dentro do proceso de reorganización de efectivos da Fase III.


Este persoal pode optar por confirmarse nun posto identificado na relación de postos de traballo como de Violencia sobre a muller ou nun posto identificado como de gardas. O prazo para manifestar a súa preferencia é de 3 días hábiles.


O escrito manifestando a súa preferencia irá dirixido á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e deberá presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.




Se dentro do prazo establecido non manifestasen a súa preferencia, confirmaranse no posto coa observación de Violencia sobre a muller (VSM) tal e como recolle o plan de reorganización.