Grupo de traballo para o proceso de reordenación nos Tribunais de Instancia das sete cidades galegas (28/10/2025)


29 oct 2025


 

 



No día de onte na Dirección Xeral de Xustiza, reunímonos CCOO e as demais organizacións co persoal que está a traballar dende a administración no proceso de reordenación.

 

Resumimos nos seguintes puntos os aspectos máis salientables do proceso:

 

1.- O xoves da semana pasada enviáronse aos LAX en formato excel unhas táboas para determinar a función que estaba a exercer cada funcionario: tramitar, executar, tramitar e executar. Tiñan un prazo de tres días e a gran maioría xa teñen remitida a resposta.

 

2.- A vindeira semana enviarase a través do OPAX a cada traballador para que comunique se tramita ou executa, e se quere optar por un posto de similar contido ao que viña desenvolvendo.

 

3.- Con estes dous documentos, os dos LAX, e as respostas dos traballadores a través do OPAX, sacaranse uns listados provisionais para efectuar alegacións e resolver posibles discrepancias.

 

4.- A continuación remitirase a confirmación, que, malia a nosa oposición e non ter sido recollida como alegación, non é voluntaria. É dicir se hai o mesmo número de prazas que postos hai que confirmarse de forma obrigatoria, unicamente se pasa a reordenación cando hai máis persoas que prazas. Para a confirmación, neste último suposto, ten preferencia a maior antigüidade no posto de traballo.

A confirmación no posto dos xulgados de violencia de Ourense e Santiago, de nova creación, farase optando entre Violencia ou Garda, a través dunha notificación por sede aos interesados.

 

5.-  Os que non poidan confirmar entran no proceso de reordenación, para escoller as vacantes prevalecerá a antigüidade no centro de destino.

 

6.- Outras casuísticas:


·        .- Os que se xubilen antes e so antes do 31/12 /2025 non entran no proceso.

 

·       .-  O persoal en excedencia por coidado de familiar ou en situación de IT deben acceder ao OPAX

 

·      .-   As porcentaxes que determinarán a proporción dos repartos por orde xurisdicional se remitirán o antes posible e serán obxecto de mesa sectorial.

 

·       .-  Hai persoal, pouco, que por determinadas circunstancias non puido tomar posesión e queda por avaliar se van a confirmación ou reordenación. O mesmo ocorre co persoal de auxilio de SC de apoio dos decanatos e do TSXG, para o que se escoitarán ás organizacións sindicais.

 

·         Grazas a presión de CCOO e o resto de organizacións, o persoal que tramita e executa, que é a inmensa maioría, vai en igualdade de condicións ao proceso de confirmación, sen pasar a unha segunda fase, despois dos que so tramitan ou so executan, como era intención da administración.