A Direccón Xeral de Xustiza ven de remitir o seguinte correo:
Bos días,Comunicámoslles que en breve se procederá á publicación na intranet de xustiza da seguinte nova:
A partir do día 1 de decembro todos os órganos da Administración de Xustiza de Santiago de Compostela terán habilitado o sistema de fichaxe e control horario coa tarxeta corporativa no PC do posto de traballo, completando así o inicio do programa no Xulgado de Primeira Instancia Núm. 3 e nos xulgados do social de Santiago de Compostela.
O anterior sistema de fichaxe nas máquinas existentes nos edificios xudiciais quedará deshabilitado a partir da dita data sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos do control do cumprimento do horario.
Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.