Publicada no DOG a orde do calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza para 2012


19 nov 2012



O pasado 16 de novembro publicouse no DOG (Diario Oficial de Galicia) a orde sobre os horarios e calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para o ano 2012. Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación. Para os efectos de control horario, aplicarase dende o 1 de decembro de 2012.
Os horarios configuraranse de seguinte xeito:
  • parte fixa do horario consistirá en 6 horas diarias continuadas de obrigada presenza, que deberán realizarse entre as 8.00 e as 15.00 horas.
  • parte flexible do horario distribuirase á elección do empregado público e poderase cumprir, de luns a venres, entre as 7.30 e as 9.00 horas e entre as 14.00 e as 18.30 horas.
Con carácter xeral, a xornada laboral ten una duración mínima de 37,5 horas semanais, con un computo anual de 1.625 horas. O computo das horas efectivamente traballadas realizarase por meses naturais.
O exceso de horas traballadas voluntariamente no horario flexible durante un mes, e ata un máximo do 10% do dito horario flexible, compensarase a pedimento do interesado no horario flexible do mes seguinte.