Hai
uns días escoitei ao Sr. Rueda, Conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza “asustar” aos galegos con aquelo que se decía durante o
franquismo, época na que gobernaba un Dictador, “Que vienen los rojos, que
vienen los rojos” refiríndose a Alternativa Galega (Esquerda Únida e Anova).
Tamén
na época franquista, a do dictador, empregábanse os touros como distintivo
patriótico de España, aquela grande e
libre. A nova TVE-Popular encargouse de repoñer, cos cartos que se aforra co
despido de Ana Pastor, Lucas e outros moitos máis, o programa de touros
“Tendido Cero” para así recordar vellos, nunca mellor dito, tempos.
Pero
o anterior, que de por sí, non pasaría de ser anecdótico ven acompañado dunha
verdadeira involución, todo o contrario a revolución, nos Dereitos dos
traballadores e os cidadáns, eliminación paga extra funcionarios, redución da cotización
das empresas polos traballadores, abaratamento do despido, salarios indignos,
desconto do 50% do salario dende o primeiro día de baixa dos funcionarios,
redución de vacacións, etc. ESTO SI QUE É UN VERDADEIRO RETROCESO NO TEMPO
TERRORISMO FUTBOLISTICO.
O
presidente do Rayo Vallecano acacusou de Terrorismo Futbolistico aos que
cortaron uns cables da luz, que non permitiron a celebración do partido de
fútbol entre o seu equipo e o Real Madrid, e cometeron o grave delicto de
impedir que os cidadáns disfrutaran da súa ración de opio.
Hai
unhas semanas 2 ministros do Goberno do P.P acusaron tamén de terrorismo ao Sr.
Gordillo, alcalde de Marinaleda, por realizar unha acción en 2 centros
comerciais (que dende o Sector de Xustiza compartimos completamente) de denuncia
reivindicativa-mediática-simbólica da situación de necesidade na que se atopan
moitas familias como consecuencia das políticas de austeridade planteadas polo
Partido Popular e Europa, especialmente a Sra Merkel.
No
caso de que estas dúas accións, corte de cables e tomar “prestados” carros con
comida para una banco de alimentos, se considere por personas públicas como
terrorismo, preguntámonos nos:, Que consideración penal debería ter, o abaratamiento
do despido, a Amnistía fiscal aos defraudadores, salvar aos bancos, principais
culpables da crise-estafa, con diéiro público, os recortes na Sanidade Pública,
na Educación Pública, a reducción do desemprego, a subida do IVE a redución de
axudas á Lei de Dependencia?. Se cadra XENOCIDIO.
Sí é
así, estou de acordo con chamar terrorismo a tomar “prestados” os carros e o
corte dos cables i eu son un …
Por Pablo Valeiras