Nota informativa do Comité de seguridade celebrado o día 20/10/2025


21 oct 2025





O pasado 20/10/25 tivo lugar unha nova reunión deste Comité, presidido polo Director Xeral asistindo persoas desta dirección xunto cos delegados de prevención dos distintos sindicatos.
 
Trataronse os seguintes puntos:


.- Informouse que ainda se está a tempo de propor asuntos para a programación de prevención de riscos laboras do 2026.


.- Informouse das obras que se están a facer   nos edificios xudiciais: A Estrada, Trives, Barco de Valdeorras, Lugo, Palas de Rei, Cambados, Ponteareas, Porriño, Vigo, Pontevedra, Santiago, Carballo, A Coruña,, Betanzos…..


- Haberá protocolos de actuación para as modificacións que haxa que realizar con motivo da entrada en vigor, a partir de xaneiro do ano que ven, da reestructuración de ámbitos xudiciais, de existir problemas coa decisión que tomen os Letrados, estas deberán ser resoltas na Comsión Mixta existente entre a Consellería e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


.- Debatiuse a mala situación das pezas de convición en moitos arquivos. A Administración requerirá aos órganos xudiciais para que informen da necesidade do seu mantemento, xa que moitas delas levan anos desatendidas.


.- Informouse que en decembro haberá os primeiros resultados das medicións sobre gas radón feitas en varios xulgados.


.- Sobre o protocolo de acoso e o das violencias sexuais non houbo avances.


.- Crearase unha Comisión representativa, DX/Sindicatos, para a elaboración do Plan de Igualdade da Admón. de Xustiza de Galicia.

.- No punto de varios, comentouse que a regulación do teletraballo non se fará ata o ano  2026, e que quizais haberá ampliación do prazo  para desfrutar das vacacións e dos  asuntos particulares pendentes do 2025 no 2026.