Con data 22/10/2025 publicouse na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería, a Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se aproba a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas no concurso específico para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos do corpo de tramitación procesual e administrativa, convocado pola Resolución do 8 de setembro de 2025 (DOG nº 180, do 18 de setembro).
As persoas interesadas poderán alegar e xustificar o que consideren conveniente sobre os resultados da valoración dentro dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución. As alegacións irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de
Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.
.-Para ver a resolución completa, preme aquí