Ante a repulsa contundente dos traballadores, e o anuncio da convocatoria de mobilizaciónss unitarias dos sindicatos representativos, o ministerio acaba de confirmar que convocará mesa sectorial para mañá 16 de outubro ás 11 horas.
Nesta reunión, CCOO trasladará aos responsables do ministerio de Xustiza que si non se produce unha modificación sustancial do contido da LOPX, convocaremos de forma unitaria co resto dos sindicatos representativos mobilizacións contra a devandita reforma, que serán complementarias das mobilizacións xerais contra os recortes do goberno.