CCOO
DENUNCIA A ESCANDALOSA ACTUACIÓN DO MINISTRO DE XUSTIZA NA REFORMA DA LOPX
GALLARDÓN
RECORTA GRAVÍSIMAMENTE OS DEREITOS DOS TRABALLADORES MENTRAS OTORGA A XUÍCES E MAXISTRADOS
UN TRATO DIFERENCIADO REFLEXADO NA CONCESIÓN DE 12 DÍAS DE PERMISO E O PAGO DE ATA
2.750 EUROS POLAS SUBSTITUCIÓNS
A decisión do ministro de Xustiza de proceder
á reforma da LOPX para recortar gravemente os dereitos dos traballadores da
Administración de Xustiza pero otorgar a Xuíces e Maxistrados un trato
claramente diferenciado co resto dos empregados públicos, supón un ataque
intolerable á igualdade de dereitos entre todos os empregados públicos.
Que o ministro de Xustiza reforme a LOPJ para
eliminar seis días de permiso por asuntos particulares e os días adicionais de
vacacións por antigüedade, para suprimir a paga extra de nadal, para deixar de
abonar o 100% do salario nos casos de baixa por IT (incapacidade temporal) e para
establecer a mobilidade xeográfica obrigatoria aos traballadores da
Administración de Xustiza, é unha agresión intolerable contra os dereitos
conquistados polos traballadores nos últimos años.
Pero o ministro Gallardón nesa mesma reforma
da LOPX establece que os Xuíces e Maxistrados sí dispondrán de 12 días de
permiso e lles aboarán entre 1.500 e 2.750 euros polas substitutcións de forma
que compense, entre outras. a eliminación da paga extra.
Que ao mesmo tempo, o ministro Gallardón, na
reforma da LOPJ, dé un trato claramente diferenciado para un colectivo de empregados
públicos como son os Xuíces e Maxistrados, e outro moi diferente para o resto
de traballadores, é unha demostración máis do clasismo inaceptable dun ministro
que goberna para uns poucos contra os dereitos da inmensa maioría.
Esta actuación do ministro Gallardón, avalada
por Rajoy e o seu goberno no Consello de Ministros do pasado 11 de outubro, non
podemos máis que calificala como miserable, e levará a este sindicato, xunto ao
resto dos sindicatos a convocar as mobilizacións unitarias máis contundentes
contra esta reforma.
Galicia,
12 de outubro de 2012