Manifestacións en defensa dos servizos públicos


15 oct 2012


Hoxe luns, día 15 de outubro, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos públicos convoca manifestacións en toda Galicia. A plataforma intégrana CCOO e outras vinte organizacións.

A continuación indicamos os lugares e horas de saída de cada manifestación:

- FERROL: saída ás 19 horas da praza de España
- A CORUÑA: saída ás 19 horas da praza de Pontevedra
- SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída ás 19 horas da Alameda
- LUGO: saída ás 19 horas do edificio administrativo da Xunta
- OURENSE: saída ás 19 horas do pavillón dos Remedios
- PONTEVEDRA: saída ás 20 horas da praza da Peregrina
- VIGO: saída ás 20 horas do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz