Os sindicatos rexeitan a aplicación da Lei de medidas no emprego público de Galicia na mesa da Consellería de Traballo e Benestar


7 mar 2012



As organizacións sindicais consensuaron esta mañá un novo calendario de mobilizacións en contra da política de recortes da Xunta de Galicia




07-03-2012. As organizacións sindicais, CCOO, CIG, UGT, CSIF, USO, CGT, SAE e SATSE consensuaron nunha xuntanza mantida na mañá de hoxe un novo calendario de mobilizacións contra a política de recortes da Xunta de Galicia e en defensa dos servizos públicos.

En concreto, as organizacións sindicais decidiron levar as distintas mesas sectoriais que se convoquen a partires de agora, a mesma postura que xa lle plantexaron á Xunta na Mesa Xeral do pasado mes de febreiro, é decir, o seu mais firme e enérxico rexeitamento ás medidas recollidas na Lei de Medidas no Emprego Público, así coma á aplicación das mesmas.

Acordaron tamén, convocar concentracións de delegados e delegadas en cada convocatoria de mesas sectoriais que se produzan nos vindeiros días, empezando o día 9 de marzo, data da convocatoria da mesa sectorial da Consellería de Sanidade (ás 11:00 horas diante da sede do SERGAS en Santiago de Compostela).

Outra das medidas acordadas é a intensificación da campaña de información sobre as consecuencias deste ataque sin precedentes aos dereitos laborais dos empregados e empregadas públicos e a “laminado” dos servizos públicos, buscando a súa privatización. A situación vese agravada coa reforma laboral imposta polo goberno de Rajoy, que lle deixa as maos libres ás adminsitracións (coma a calquera outra empresa) para modificar unilateralmente as condicións de traballo (xornada, horarios, salarios, mobilidade...) das persoas que traballan no sector, así coma o despido por razóns técnicas, económicas ou organizativas.

O acto central consistirá en novas concentracións/manifestacións diante dos complexos hospitalarios, xuzgados e edificios administrativos das sete principais cidades de Galicia o vindeiro día 22 de marzo.

Coincidindo con esta xuntanza sindical, unha treitena de delegados e delegadas das organizacións sindicais convocantes, concentráronse díante da Escola Galega de Admón. Pública de Santiago, mentras no seu interior tiña lugar a xuntanza da mesa sectorial da Consellería de Traballo e Benestar, na que os sindicatos repetiron o que lle trasladaron á Xunta de Galicia na Mesa Xeral do mes de febreiro, a súa oposición ás medidas recollidas na Lei, insistindo en que as mesmas non van supoñer un aforro (a propia Xunta non sabe valorar a cuantía que suporán estas medidas) e que existen outras alternativas para reducir o gasto na Adminsitración Autonómica, sin deteriorar a calidade dos servizos públicos e as condicións laborais das persoas que traballan no sector público galego.