Oposicións 2010. Xestión, promoción interna. Oferta de prazas en Galicia


26 oct 2011


No Diario Oficial de Galicia número 205, do 26 de outubro de 2011, publícase a Resolución do 11 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Galicia que se lles ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda de promoción interna, convocadas pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio, do Ministerio de Xustiza.






Texto

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Galicia que se lles ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda de promoción interna, convocadas pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio, do Ministerio de Xustiza.

De conformidade co establecido na base décimo sexta da Orde XUS/1294/2010, do Ministerio de Xustiza, do 5 de maio, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso nos corpos e escalas de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza (Boletín Oficial del Estado do 19 de maio de 2010), a Dirección Xeral de Xustiza

resolve:

Primeiro. Facer pública a relación de prazas desertas no ámbito territorial de Galicia (anexo I) que se lles ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de promoción interna no corpo de xestión procesual e administrativa convocado pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio.

Segundo. As solicitudes de destino dos aspirantes deste ámbito dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e presentaranse no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, se non é simultánea coa publicación no Diario Oficial de Galicia, en:

a) As oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: Rexistro Único en San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou nas distintas localidades.

b) As subdelegacións do Goberno da Administración xeral do Estado, ou en calquera dos órganos ou oficinas previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de Correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario, caso en que deberán ter entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia antes da data de finalización do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado, suposto en que se presentarán nas oficinas de Correos en sobre aberto para ser datadas e seladas polo persoal de Correos antes de ser remitidas.

Terceiro. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución, relacionando todas as prazas segundo a preferencia e indicando o órgano xudicial, a localidade e a provincia.

En caso de non lle corresponder ningún dos destinos especificados desta forma, seguirase a orde de preferencia por provincias que os interesados indiquen no modelo de solicitude.

Dentro de cada provincia, os destinos serán adxudicados pola seguinte orde:

1. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

2. Audiencias provinciais.

3. Fiscalías.

4. Institutos de medicina legal.

5. Decanatos e servizos comúns.

6. Xulgados de instrución.

7. Xulgados do penal.

8. Xulgados de vixilancia penitenciaria.

9. Xulgados de violencia sobre a muller.

10. Xulgados de primeira instancia.

11. Xulgados do mercantil.

12. Xulgados do contencioso-administrativo.

13. Xulgados do social.

14. Xulgados de primeira instancia e instrución.

15. Xulgados de menores.

16. Xulgados de paz.

Cuarto. Unha vez finalizado o curso selectivo e o período de prácticas, e sumadas estas puntuacións á da fase de concurso-oposición, procederase á adxudicación segundo a orde obtida en todo o proceso selectivo.

Quinto. Ningún aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo de presentación delas.

Sexto. De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das solicitadas, procederase a destinalo, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas.

Sétimo. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso de acordo coa orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito de Galicia.

Oitavo. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo, equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste ata que non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a Dirección Xeral de Xustiza, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados competentes, no prazo de dous meses, contados ambos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2011.

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza



ANEXO I

Relación de prazas
Xestión procesual e administrativa. Promoción interna

Posto de traballo
Localidade
Provincia
Función xdos. paz
Total
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 2 (Rxto. Civil)
Corcubión
A Coruña

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 1
Muros
A Coruña

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 1
Ribeira
A Coruña

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 3 (VSM)
Ribeira
A Coruña

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 2
O Barco de Valdeorras
Ourense

1
Xdo. de Paz
Viana do Bolo
Ourense
Secret. funcións
1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 1
Cambados
Pontevedra

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 3 (VSM)
Cambados
Pontevedra

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 4
Cambados
Pontevedra

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 1
Cangas
Pontevedra

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 3
Cangas
Pontevedra

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 1
Marín
Pontevedra

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 2 (VSM)
Marín
Pontevedra

2
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 3 (VSM)
O Porriño
Pontevedra

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 1
Redondela
Pontevedra

3
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 1 (VSM)
Tui
Pontevedra

1
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 3
Tui
Pontevedra

2
Xdo. Primeira Inst. e Instr. número 3 (VSM)
Vilagarcía de Arousa
Pontevedra

1