En defensa dos nosas dereitos sociais: MUGEJU, Dereitos Pasivos e Seguridade Social
Trala aprobación do RDL 13/2010 polo que se integran no RGSS, aos sos efectos de clases pasivas para garantir a protección fronte aos riscos de vellez, incapacidade e morte e supervivencia, aos funcionarios e novo ingreso (a partir do 1 de xaneiro de 2011), e polo tanto manténdose co mesmo alcance a acción pro-tectora xestionada na actualidade polas respectivas mutualidades de funcionarios (Mugeju, Muface e Isfas), isto é, a asistencia sanitaria e as prestacións complementarias, CCOO exixe unha negociación que permita a homoxeneización de ambos os réximes, conservando os dereitos máis beneficiosos dun e outro sistema, entre eles:
• Xubilación anticipada a partir dos 60 anos de idade, cobrando o 100% da pensión con 35 anos de cotización e, neste caso, sen coeficientes redutores.
• Cálculo das pensións sobre salarios reais cotizados e non sobre haberes reguladores.
• Mantemento das prestacións complementarias, mellorando as axudas por discapacidade e actualización periódica das demais, así como a implantación de novas prestacións como a axudas para deshabituación do tabaco, celiaquismo e outros tratamentos.
• Mellora da prestación farmacéutica e a gratuidade total nos medicamentos para os xubilados.
• Mellora da calidade de prestación do servizo de asistencia sanitaria e do concerto sanitario coas entidades aseguradoras.
• Pola inclusión no subsidio por incapacidade temporal de todas as retribucións autonómicas e os plans de actuación.
De non homoxeneizarse ambos os sistemas, CCOO propomos que a integración no RGSS sexa optativa e voluntaria para aque-les traballadores que, atopándose a 1 de xaneiro de 2011, no Réxime de Clases Pasivas, decidan integrarse voluntariamente no RGSS aos sos efectos de clases pasivas, negociándose previamente a forma de integración das cantidades previamente cotizadas.