Témoslle Lei. Os profesionais opinan


14 dic 2010







Vídeo da campaña de dinamización lingüística "Témosllelei", destinada fundamentalmente ao alumnado e ao PDI da Facultade de Dereito da USC. Nel varios profesionais do mundo da xustiza e da administración pública, así como profesores do centro opinan sobre a utilización do galego neste eido e animan a utilizalo en maior grao. Participan: Carlos Varela (fiscal xeral de Galicia), Luís Villares (xuíz da Fonsagrada), Paz Filgueira (maxistrada do Social en Santiago), Evaristo Nogueira (decano do Colexio de Avogados de Santiago), Xaquín Monteagudo (secretario do Concello de Outes) e os profesores da Facultade Antonia Nieto Alonso (coordinadora da Comisión de Normalización Lingüística) e José A. Gómez Segade (catedrático de Dereito Mercantil).