Probas para a obtención do Celga


16 sept 2008


Set16
Este venres remata o prazo de matriculación nas probas de obtención do Celga que se van celebrar a finais de ano


Os exames realizaranse no mes de novembro nas principais cidades galegas e nos centros de estudos galegos no exterior

O vindeiro 19 de setembro remata o prazo de matrícula na vindeira convocatoria de probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (Celga) que se van realizar para os niveis 1, 2, 3 e 4.

As persoas interesadas en realizar as probas deben presentar unha solicitude en modelo oficial, dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.xunta.es/linguagalega). A solicitude pódese entregar nos gabinetes provinciais da Secretaría en función do lugar no que se vaia presentar a persoa inscrita. Se o exame o vai realizar fóra de Galicia, ten presentar o impreso de matrícula no centro de estudos galegos da universidade correspondente.

Os exames desenvolveranse no mes de novembro. O día 13 será a data da proba do Celga 1, o 29 de novembro o Celga 2, o 22 de novembro o Celga 3 e os días 15 e 16 de novembro o Celga 4.