Set23

"En canto á Administración de Xustiza, teñan a seguridade de que non me marcharei deste posto sen afrontar este tema", sinalou Beningo López, quen onte ofreceu un resumo do seu informe anual nunha Comisión de Peticións da Cámara galega. López respondía así a unha pregunta do deputado nacionalista Iago Tabarés, quen lle demandou o documento debido ao seu anterior posto como maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). "Eu aquí estou de paso e aínda que só sexa porque terei que volver, non dubiden de que o farei", subliñou López.
No informe ordinario que recolle as queixas dos cidadáns no ano 2007, a Xustiza ocupou 105 das 2.280 tramitadas pola institución o ano pasado. Segundo demandou onte López, para superar as demoras é necesario unha "modernización" e un "maior esforzo investidor".
Texto e foto: elcorreogallego.es