Set22
Fernando de Rosa será o vicepresidente

Ao longo da súa traxectoria desempeñou as súas funcións como xuíz durante 28 anos na Audiencia Nacional -- dende a súa fundación -- , primeiro dende 1980 ata 2001 á fronte do Xulgado de Instrución número 4 e despois como presidente da institución, cargo que desempeñaba na actualidade tras ser reelixido en decembro de 2006.
O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, comunicou esta mañá ao presidente do PP, Mariano Rajoy, que vai propoñer a Carlos Dívar como presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ). A proposta será apoiada polos populares. Pola súa banda, o vicepresidente será Fernando de Rosa, segundo o acordo ao que chegaron os dous partidos.
Dívar iniciou a súa carreira na xudicatura á fronte do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Castuera (Badajoz) en 1969, destino que abandonou en 1974 para dirixir o xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Durango (Biscaia).
Tan só un ano despois, en 1975, este maxistrado situouse á fronte doutro xulgado de Primeira Instancia e Instrución, neste caso o número 1 de Orgaz (Toledo). O seu último destino antes da Audiencia Nacional foi o xulgado de Instrución número 1 de San Sebastián, onde, non obstante, só permaneceu dous meses.
O elixido para dirixir o máximo órgano de goberno dos xuíces cursou os seus estudos na Universidade de Deusto e Valladolid e ao longo da súa traxectoria foi galardoado con recoñecementos como o IV Premio Diálogo á Amizade Hispano-Francesa ou coa Grande Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort.
Ademais, nos últimos anos, Dívar dirixiu cursos sobre delincuencia organizada, terrorismo ou acordos en materia de extradición.
Fonte e foto: Europa Press