Mostrando entradas con la etiqueta acción social 2023. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta acción social 2023. Mostrar todas las entradas

Acción Social 2023 : publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos


6 sept 2023




Hoxe publícase no DOG a corrección de erros na Resolución do 29 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

 Segundo. As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

Para ver a Resolución completa, preme aquí


Acción Social 2023 : publicada a convocatoria e os criterios de repartición


12 jun 2023


 







Hoxe publícase no DOG a Resolución  do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia


Para ver a Resolución completa, preme aquí